Controis de contido

Un control de contido é un texto de marcador deposición no que o contido actual se substitúe no momento de premer o control. Os controis de contido son controis individuais para engadir e personalizar que se empregan en modelos, formularios e documentos. Os controis de contido poden fornecer texto instrutivo e facer que os controis desaparezan cando os usuarios introduzan o seu propio texto.

Para acceder a esta orde...

From the menu bar:

Choose Forms - Content Controls.


Os controis de contido teñen moitas propiedades e son moi semellantes aos controis legados, mais danse mellor para traballar con eles e lles dar formato.

Texto enriquecido

Contén texto formatado personalizado ou outros elementos, como táboas, imaxes ou outros controis de contido.

Texto simple

Un control de contido de texto simple está limitado a texto simple en un ou varios parágrafos. Ao contrario do texto enriquecido, non pode contar outros elementos, como táboas, imaxes ou outros controis de contido.

Imaxe

Contén unha única imaxe ancorada como carácter. Ao premer o control de contido ábrese a caixa de diálogo de ficheiros para substituír a imaxe do marcador de posición.

Caixa de selección

Contén un único carácter de caixa deselección coa que interactuar. Premer o control de contido alterna o estado marcado na caixa de selección.

Caixa de combinación

Contén unha selección despregábel de entradas de lista que se poden seleccionar e unha caixa de texto que se pode editar directamente.

Lista despregábel

Contén un botón de control despregábel cunha lista de pares de valores e textos. Ao contrario dunha caixa de combinación, a lista despregábel non permiten que os usuarios introduzan unha entrada personalizada.

Data

Contén un control de calendario. Limita o texto a un único parágrafo.

Properties

Allows setting various properties on the content control which is under the current cursor.

Precisamos da súa axuda!