Axuda do LibreOffice 25.2
LibreOffice Writer permite deseñar e producir documentos de texto que poden incluír imaxes, táboas ou gráficas. Pode gardalos en varios formatos, incluíndo o estandarizado OpenDocument format (ODF), formato Microsoft Word .doc, ou HTML. E pode exportar facilmente o seu documento a Portable Document Format (PDF).
LibreOffice Writer permite crear documentos básicos, como memorandos, faxes, cartas, currículos e combinar documentos, así como documentos longos, complexos ou divididos en múltiplas partes, con bibliografías, táboas de referencia e índices.
O Writer do LibreOffice tamén inclúe funcións útiles, como un corrector ortográfico, un tesouro (dicionario de sinónimos), corrección automática e hifenización (separación con guións), así como unha variedade de modelos para practicamente calquera finalidade. Tamén pode crear os seus propios modelos empregando os asistentes.
O LibreOffice ofrece unha ampla variedade de opcións para deseñar documentos. Utilice a xanela Estilos para crear, asignar e modificar estilos de parágrafos, caracteres individuais, marcos e páxinas. Alén diso, o Navegador axiliza o desprazamento polos documentos, permite ver o documento de forma esquemática e fai un seguimento dos obxectos inseridos.
Tamén pode crear índices e definir a súa estrutura e aparencia segundo as súas necesidades. As hiperligazóns e marcadores animados permiten ir directamente aos elementos correspondentes.
O Writer do LibreOffice contén numerosas ferramentas de maquetación e debuxo para axudar a crear documentos con estilo profesional, como folletos, boletíns e convites. Pode formatar os seus documentos con varias columnas, marcos, imaxes, táboas e outros obxectos.
Os documentos de texto de LibreOffice posúen unha función de cálculo integrada que o axuda a executar cálculos sofisticados ou ligazóns lóxicas. Pode crear facilmente táboas para realizar cálculos.
A ferramenta de debuxo de LibreOffice Writer permite crear debuxos, imaxes, lendas e outro tipo de debuxos directamente nos documentos de texto.
Pode inserir deseños con diferentes formatos dentro dun documento de texto, incluíndo imaxes con formato JPG ou GIF. Ademais, a Galería fornece unha colección de imaxes predeseñadas, e a Galería de Fontwork crea efectos de letra impactantes.
A interface do programa está deseñada de modo que poida configurala segundo as súas preferencias, incluíndo a personalización de iconas e menús. Pode dispor varias xanelas de programas, como por exemplo Estilos ou Navegador, como xanelas flotantes en calquera punto da pantalla. Tamén pode ancorar xanelas no bordo do espazo de traballo.
O recurso arrastrar e soltar permite traballar de forma rápida e eficiente con documentos de texto en LibreOffice. Por exemplo, pode arrastrar e soltar obxectos, por exemplo imaxes da galería, dun lugar a outro no mesmo documento ou entre documentos abertos de LibreOffice.
Pode utilizar o sistema de Axuda como referencia completa para os aplicativos de LibreOffice, incluíndo instrucións tanto para tarefas simples como complexas.