Axuda do LibreOffice 25.8
Abre a barra Fórmula para crear e inserir cálculos nun documento de texto.
Para acceder a esta orde...
Escolla Táboa - Editar fórmula.
Escolla Editar fórmula.
Editar fórmula
F2
Na área Diversos do panel Táboa do panel Propiedades, prema Editar fórmula.
Mostra a posición do cursor na cela dunha táboa.
Abre un submenú que permite inserir unha fórmula na cela dunha táboa. Coloque o cursor nunha cela da táboa ou na posición do documento na que desexe que apareza o resultado. Prema na icona Fórmulae escolla a fórmula desexada no submenú.
Fórmula
Limpa o contido da liña de entrada e pecha a barra de fórmulas.
Cancelar
Transfire o contido da liña de entrada ao documento e pecha a barra de fórmula. O contido da liña de entrada insírese na posición do cursor.
Aplicar
Permite crear fórmulas escribindo directamente na liña de entrada ou premendo na icona Fórmula para mostrar as fórmulas no submenú.
Área de fórmulas
Temas relacionados
Táboa
Precisamos da súa axuda!