Regras

As regras mostran as dimensións da páxina e a posición das tabulacións, sangrías, bordos e columnas. Pode usar o rato para modificar estas opcións.

Se preme dúas veces na regra ábrese a caixa de diálogo Parágrafo e pode formatar directamente o parágrafo actual ou os seleccionados.

Configurar tabulacións

Use o rato para definir na regra as tabulacións do parágrafo actual ou dos seleccionados.

Configurar sangrías, marxes e columnas

Use o rato para definir as sangrías e marxes do parágrafo actual ou dos seleccionados.

Precisamos da súa axuda!