Axuda do LibreOffice 7.4
A barra Táboa contén as funcións necesarias para traballar con táboas. Aparece se sitúa o cursor dentro dunha táboa.
Inserir unha ou máis filas na táboa, na parte inferior da selección. Pode inserir máis dunha fila abrindo a caixa de diálogo (escolla Táboa - Inserir - Filas), ou seleccionando máis dunha fila antes de premer na icona. O segundo método insire filas da mesma altura que as seleccionadas.
Inserir unha ou máis columnas na táboa, despois da selección. Para inserir varias columnas ao mesmo tempo, abra a caixa de diálogo (escolla Táboa - Inserir - Columnas), ou selccione varias columnas antes de premer na icona. O segundo método insire columnas da mesma largura relativa que as columnas seleccionadas.
Combines the contents of the selected cells into a single cell, retaining the formatting of the first cell in the selection.
Abre unha barra de ferramentas que contén funcións para a optimización das filas e columnas dunha táboa.
Prema para abrir a barra de ferramentas onde pode escoller unha cor de fondo para aplicala ao fondo do parágrafo actual ou dos parágrafos seleccionados.
Premendo na icona Bordos aparece a barra de ferramentas Bordos onde pode modificar o bordo da área dunha folla ou dun obxecto.
Prema nesta icona para abrir a barra de ferramentas Estilo de liña, a cal permite modificar o estilo de liña do bordo.
Prema na icona Cor de liña (do bordo) para abrir a barra de ferramentas Cor de bordo, que permite cambiar a cor do bordo dun obxecto.
Ordena os parágrafos ou filas da táboa seleccionados en orde alfabética ou numérica. Pode definir até tres chaves de clasificación, así como combinar teclas alfanuméricas e ordenación numérica.
Activa a función de suma. Teña en conta que o cursor debe estar na cela onde desexa que apareza a suma.
Specifies the properties of the selected table, for example, name, alignment, spacing, column width, borders, and background.