Axuda do LibreOffice 25.2
Esta sección fornece unha visión xeral das barras de ferramentas dispoñíbeis en LibreOffice Writer.Esta vista xeral describe a configuración predefinida para as barras de ferramentas de LibreOffice.
A barra Viñetas e numeración contén funcións para modificar a estrutura dos parágrafos de lista, incluíddo cambiar a súa orde e nivel de lista.
A barra Debuxo contén ferramentas de edición usadas con frecuencia. Prema na frecha colocada xunto a unha icona para abrir unha barra de ferramentas con ordes adicionais.
Pódese ver a barra Propiedades do obxecto de debuxo no Writer e no Calc. Seleccione o menu Ver - Barras de ferramentas - Propiedades do obxecto de debuxo. Os controis activaranse cando seleccione un obxecto de debuxo. Veranse algunhas iconas diferentes predeterminadas, cando o documento sexa de texto ou unha folla de cálculo.
The Form Controls toolbar or sub-menu contains tools that you need to create an interactive form. You can use the toolbar or sub-menu to add controls to a form in a text, drawing, spreadsheet, presentation, or HTML document, for example a button that runs a macro.
A barra Exploración de formularios contén iconas para a edición de táboas de base de datos ou para o control da visualización dos datos. A barra móstrase na parte inferior dos documentos que conteñen campos ligados a bases de datos.
Cando un marco está seleccionado, a barra Marco fornece as funcións máis importantes para formatalo e situalo.
A barra Imaxe contén funcións de formatado e posicionamento de imaxes de mapa de bits.
A barra de ferramentas contén funcións para a inserción de marcos, imaxes, táboas e outros obxectos.
LibreLogo é un ambiente de programación simple, adaptado, tipo Logo, con graficos vectoriais da tartaruga para aprender programación (programacion e procesamento de textos, DTP e deseño gráfico. Vexa http://www.numbertext.org/logo/librelogo.pdf.
A barra de ferramentas da combinación de correspondencia contén as ordes para os últimos pasos do proceso de combinación de correspondencia.
A barra Obxecto OLE aparece cando os obxectos están seleccionados. Contén as funcións máis importantes para o formatado e posicionamento dos obxectos.
A barra Táboa contén as funcións necesarias para traballar con táboas. Aparece se sitúa o cursor dentro dunha táboa.
Contén ordes de formatado para textos contidos en obxectos de debuxo. A barra Obxecto de texto aparece se preme dúas veces nun obxecto de debuxo.
Contén as ordes dispoñíbeis para rexistrar cambios no ficheiro.
The Classification bar contains tools to help secure document handling.
A barra de ferramentas Clasificación contén caixas de opcións que axudan a seleccionar a seguranza do documento segundo as políticas de categorías BAF e os niveis BAILS. O LibreOffice engade campos personalizados ás propiedades do documento (Ficheiro - Propiedades, lapela Propiedades personalizadas) para almacenar a política de clasificación como metadatos do documento.