Estilos

Contén ordes para aplicar, crear, editar, actualizar, cargar e xestionar estilos nun documento de texto.

Entradas dos estilos de texto

As entradas inclúe os estilos de parágrafo, carácter e lista máis habituais. Prema no estilo para aplicalo.

Icona Suxestión

Pódese personalizar a lista de entradas de estilos co menú Ferramentas - Personalizar. Como os estilos personalizados pertencen ao documento actual hai que lembrar almacenar o menú personalizado no ámbito do documento.


Editar estilo

Abre o diálogo Estilo de parágrafo do parágrafo actual.

Actualizar estilo

Actualizar o estilo de parágrafo co formato directo aplicado ao parágrafo actual.

Novo estilo

Engade un estilo de parágrafo coa configuración da selección actual. Pídese que se introduza o nome do estilo.

Cargar estilos

Importar estilos doutro documento ou modelo ao documento actual.

Xestionar estilos

Abre o panel na barra lateral.

Precisamos da súa axuda!