Axuda do LibreOffice 25.2
A seguinte sección lista os temas de axuda dipoñíbeis en menús e caixas de diálogo.
A xanela do documento en que desexa traballar debe estar seleccionada para poder usar as ordes de menú. Da mesma forma, é necesario seleccionar un obxecto do documento para poder usar as ordes de menú asociados a ese obxecto.
Os menús son sensíbeis ao contexto, o que significa que é posíbel acceder aos elementos de ditos menús que teñen relevancia para a tarefa desenvolvida. Se o cursor está situado nun texto, estarán dispoñíbeis todos os elementos necesarios para a edición do texto. Se se seleccionan imaxes, veranse todos os elementos do menú que poden ser usados para a edición de imaxes.
Abre o menú Ficheiro.
Estas ordes aplícanse ao documento actual, crean un documento, abren un documento existente ou pechan a aplicación.
Estas ordes aplícanse á folla de cálculo actual, crean unha folla, abren unha folla existente ou pechan a aplicación.
Estas ordes aplícanse á presentación actual, crean unha presentación, abren unha presentación existente ou pechan a aplicación.
Este menú contén ordes xerais para traballar con documentos do Draw, como crear, abrir, pechar e imprimir. Para pechar o Draw do LibreOffice prema Saír.
Este menú contén ordes para controlar como se mostra o documento na pantalla, cambiar a interface de usuario e acceder aos paneis da barra lateral.
O menú Inserir contén ordes para inserir elementos novos no documento. Isto inclúe imaxes, multimedia, gráficas, obxectos doutros aplicativos, hiperligazóns, comentarios, símbolos, notas a rodapé eseccións.
Contén ordes para aplicar, crear, editar, actualizar, cargar e xestionar estilos nun documento de texto.
Contén ordes para aplicar, crear, editar, actualizar, cargar e xestionar estilos nun documento de folla de cálculo.
Contén ordes para crear, editar, actualizar e xestionar estilos nun documento de presentación.
Contén ordes para activar o modo de deseño de formularios., activar ou desactivar os asistentes de controis e inserir controis de formulario no documento.
Contén ferramentas de corrección ortográfica, opcións de veladura, asistente de combinación de correo, macros, ferramentas de desenvolvemento, xestor de extensións, así como ferramentas para configurar e personalizar menús e configurar as preferencias do programa.
O menú Ferramentas contén ordes para corrixir a ortografía, rastrear referencias nas follas, atopar erros e definir escenarios, así como ferramentas para configurar menús e configurar as preferencias do programa.
Contén ferramentas de corrección ortográfica, reprodutor multimedia, substitución de cores, minimizador de presentacións e ferramentas para configurar menús e configurar as preferencias do programa.
Este menú fornece ferramentas do Draw do LibreOffice, así como acceso á configuración de idioma e sistema.