Guionización

De maneira predefinida, o LibreOffice move para a liña seguinte as palabras que non caben nunha liña. Se o desexa, pode utilizar a guionización automática ou manual para evitar este comportamento:

Guionización automática

A guionización automática insire guións onde se necesiten no parágrafo. Esta opción só está dispoñíbel para estilos de parágrafo e parágrafos concretos.

Guionizar automaticamente o texto dun parágrafo

  1. Prema co botón dereito do rato sobre o parágrafo e escolla Parágrafo.

  2. Prema no separador Fluxo de texto.

  3. Na área de guionización, seleccione a caixa de verificación Automaticamente.

  4. Prema en Aceptar.

Para guionizar texto de varios parágrafos automaticamente

Se desexa guionizar automaticamente máis dun parágrafo utilice un estilo.

Por exemplo, active a opción de guionización automática para o estilo de parágrafo "Predefinido" e aplique o estilo aos parágrafos que desexe guionizar.

  1. Choose View - Styles, and then click the Paragraph Styles icon.

  2. Prema co botón dereito do rato no estilo de parágrafo que desexa guionizar e escolla Modificar.

  3. Prema na pestana Fluxo de texto.

  4. Na área Guionización, marque a caixa de verificación Automaticamente.

  5. Prema en Aceptar.

  6. Aplique o estilo aos parágrafos que desexe guionizar.

Guionización manual

Pode inserir un guión onde desexe nunha liña ou deixar que LibreOffice busque as palabras que deben guionizarse e ofreza unha suxestión de guionización.

Para guionizar manualmente palabras soltas

Para inserir rapidamente un guión, prema na palabra onde quere engadir o guión, e logo prema + guión (-).

Se insire manualmente un guión nunha palabra, só se guioniza nese lugar. Non se aplicará ningunha guionización automática adicional á palabra. As palabras con guións manuais guionízanse independentemente da configuración definida na páxina do separador Fluxo de texto.

Para manualmente Hyphenate texto nunha Selección

  1. Seleccione o texto que desexa guionizar.

  2. Escolla Ferramentas - Guionización.

Precisamos da súa axuda!