Axuda do LibreOffice 25.2
As páxinas de título son páxinas no principio dun documento que listan a información de publicación, como título da publicación, nome do autor, etc. Estas páxinas teñen unha disposición diferente á das demais páxinas do corpo do documento porque non teñen numeración de páxina e, ás veces, unha cabeceira e un rodapé diferentes e mesmo configuración diferente das marxes ou do fondo.
Moitos documentos, como cartas e informes, teñen unha primeira páxina que é diferente das demais páxinas do documento. Por exemplo, a primeira páxina pode ter unha cabeceira diferente ou a primeira páxina dun informe podería non ter nin cabeceira nin rodapé e si téreno as demais páxina. Isto é sinxelo de producir co Writer do LibreOffice.
Cabeceira e rodapé de páxina, numeración, marxes e orientación son algunhas das propiedades que pertencen aos estilos de páxina. O Writer do LibreOffice permite inserir unha páxina de título en branco en calquera punto do documento ou formatar unha páxina existente como páxina de título, para o que se insire unha quebra de páxina seguida do estilo de páxina que se escolla ou cambiando o estilo de páxina na posición do cursor.
Empregando o estilo de páxina Predeterminado (ou calquera outro) no documento, pódeselle engadir unha cabeceira ou un rodapé como se desexe á primeira páxina anulando a selección da opción Estilo de páxina e engadindo a seguir a cabeceira ou rodapé. Entón pódese engadir unha cabeceira ou un rodapé diferente ás demais páxinas do documento.
nas lapelas de cabeceira e rodapé do diálogoColoque o cursor na primeira páxina,
From the Menu Bar, choose
Seleccione Converter páxinas existentes en páxinas de portada
Seleccione o estilo da páxina de portada na zona Editar propiedades da páxina
Por omisión, o LibreOffice selecciona o estilo de páxina Primeira páxina.
Indique as opcións de restauración da numeración das páxinas
Prema en Aceptar.
Isto cambia o estilo de páxina actual a Primeira páxina e as páxinas seguintes teñen o Estilo predeterminado.
Coloque o cursor onde desexe inserir unha páxina de título nova.
From the menu bar select
.Seleccione Inserir páxinas de portada novas
Indique o número de páxinas de título que desexa engadir e
Indique o lugar da páxina de titulo escollendo o seu número de páxina no selector.
Indique as opcións de restauración da numeración das páxinas
Prema en Aceptar
Isto insire unha quebra de páxina e cambia o etilo de páxina actual a Primeira páxina. As páxinas seguintes teñen o estilo de páxina Estilo predeterminado.
Non é posíbel eliminar unha páxina de título. Hai que cambiar o seu formato de estilo de páxina de Primeira páxina a calquera outro estilo de páxina que se queira.
Coloque o cursor na páxina cuxo estilo desexe cambiar
Open the Styles panel of the Sidebar and select Page Styles.
From the Page Style list, select the page style you want to apply.
Prema dúas veces no estilo de páxina que vaia aplicar.