Axuda do LibreOffice 24.8
Pode gardar un documento de LibreOffice Writer en formato HTML de forma que poida velo nun explorador web. Se o desexa, pode asociar unha quebra de páxina a un estilo de parágrafo de título específico para xerar unha páxina HTML separada cada vez que apareza o estilo no documento. LibreOffice Writer crea automaticamente unha páxina que contén hiperligazóns para cada unha desas páxinas.
Ao un documento de texto en formato HTML, as imaxes do documento gárdanse no documento HTML como fluxos de datos incorporados. LibreOffice tenta manter o formato orixinal das imaxes, é dicir, as imaxes JPEG ou SVG serán gardadas en HTML como tal. Todos os outros formatos gráficos son gardados como PNG.
Aplique un dos estilos predefinidos de parágrafo de título de LibreOffice, por exemplo, "Título 1", aos parágrafos en que desexa xerar unha nova páxina HTML.
Escolla Ficheiro - Enviar - Crear documento HTML.
Na
caixa, seleccione o estilo de parágrafo que desexa utilizar para xerar unha nova páxina HTML.Introduza o camiño e o nome para o documento HTML e prema en Gardar.