Uso das seccións

As seccións son bloques de texto con nome, incluídos obxectos ou imaxes, que pode utilizar de varias maneiras:

As seccións conteñen polo menos un parágrafo. Cando selecciona un texto e crea unha sección, insírese automaticamente unha quebra de parágrafo na fin do texto.

Pode inserir seccións dun documento de texto ou un documento de texto completo como sección doutro. Tamén pode inserir seccións dun documento como ligazóns noutro ou no mesmo documento.

Icona Nota

Para inserir un novo parágrafo inmediatamente antes ou despois dunha sección prema antes ou despois dela e, a seguir, +Intro.


Seccións e columnas

Pode inserir seccións nunha sección existente. Por exemplo, pode inserir unha sección que conteña dúas columnas noutra que conteña unha columna.

Os deseños de sección, por exemplo o número de columnas, teñen prioridade sobre o deseño de páxina definido nun estilo.

Precisamos da súa axuda!