Axuda do LibreOffice 24.8
Pode inserir a copia dunha gráfica non actualizada ao modificar os seus datos na folla de cálculo.
Abra o documento de texto no cal desexa copiar a gráfica.
Abra a folla de cálculo que contén a gráfica que desexa copiar.
Prema na gráfica. Móstranse oito agarradoiras ao seu redor.
Arrástrea a gráfica ata o documento de texto.
Pode redimensionala e movela como faría con calquera obxecto. Prema dúas veces na gráfica para editar os seus datos.