Axuda do LibreOffice 24.8
Pode inserir unha referencia cruzada como hiperligazón utilizando o Navegador. Tamén pode facer referencias cruzadas a elementos doutros documentos de LibreOffice . Se preme na hiperligazón ao abrir o documento en LibreOffice, vai ao elemento da referencia cruzada.
Abra o(s) documento(s) que conteñan os elementos que desexe referenciar.
Prema na icona Navegador, situada na barra Estándar.
Prema na frecha á beira do
icona, e garantir que é seleccionado.Seleccione na lista da parte inferior do Navegador o documento que contén o elemento para o cal desexa crear unha referencia cruzada.
Na lista do Navegador, prema no signo máis que se encontra ao lado do elemento que quere inserir como hiperligazón.
Arrastre o elemento ata o lugar en que se debe inserir a hiperligazón.
O nome do elemento insírese no documento como unha hiperligazón subliñada.