Definir cabeceiras e pés de páxina diferentes

Pode utilizar cabeceiras e pés de páxina diferentes nas diversas páxinas do documento, en tanto que utilicen estilos de páxina diferentes. LibreOffice ofrece varios estilos de páxina predefinidos como Primeira páxina, Páxina á esquerda e Páxina á dereita. Alén diso, pode crear estilos de páxina personalizados.

Tamén pode usar o deseño de páxina espelhada, se quere engadir unha cabeceira a un estilo de páxina que teña marxes de páxinas internas e externas diferentes. Para aplicar esta opción a un estilo de páxina, seleccione Formato - Estilo de páxina, prema na lapela Páxina e, na área Configuración da disposición, escolla «Espellado» na caixa Disposición da páxina.

Por exemplo, utilice estilos de páxina para definir cabeceiras diferentes para as páxinas impares e pares.

  1. Abra un documento de texto novo.

  2. Choose View - Styles and click the Page Styles icon in the Styles sidebar deck.

  3. Prema co botón dereito do rato sobre "Páxina á dereita" na lista de estilos de páxina e escolla Modificar.

  4. Na caixa de diálogo Estilos de páxina prema na lapela Cabeceira.

  5. Seleccione Activar cabeceira e prema na lapela Xeral.

  6. Na caixa Estilo seguinte seleccione «Páxina esquerda».

  7. Prema en Aceptar.

  8. Na xanela Estilo prema «Páxina esquerda» co botón dereito do rato na lista de estilos de páxina e escolla Modificar.

  9. Na caixa de diálogo Estilos de páxina prema na lapela Cabeceira.

  10. Seleccione Activar cabeceira e prema na lapela Xeral.

  11. Na caixa Estilo seguinte seleccione «Páxina dereita».

  12. Prema en Aceptar.

  13. Prema dúas veces en "Páxina á dereita" na lista de estilos de páxina para aplicar o estilo.

  14. Introduza textos ou imaxes na cabeceira do estilo Páxina á esquerda. Despois de incluír a páxina seguinte no documento, introduza textos ou imaxes na cabeceira do estilo Páxina á dereita.

Precisamos da súa axuda!