Axuda do LibreOffice 25.8
As cabeceiras e os pés de páxina son áreas situadas nas marxes superior e inferior ás cales engade texto ou imaxes. As cabeceiras e pés de páxina engádense ao estilo de páxina actual. As páxinas co mesmo estilo reciben automaticamente a cabeceira ou o pé de páxina que engada. É posíbel inserir Campos, tales como números de páxina e títulos de capítulo nas cabeceiras e pés de páxina dun documento de texto.
O estilo de páxina móstrase na Barra de estado.
Para engadir unha cabeceira a unha páxina escolla Inserir - Cabeceira e rodapé - Cabeceira e seleccione o estilo de páxina da páxina actual no submenú.
Para engadir un rodapé a unha páxina escolla Inserir - Cabeceira e rodapé - Rodapé e seleccione o estilo de páxina da páxina actual no submenú.
Tamén pode escoller
, premer na lapela ou e seleccionar ou . Desmarque a opción se quere definir cabeceiras e pés de páxina diferentes para as páxinas pares e impares.Para utilizar diferentes cabeceiras e pés de páxina, engádaos a diferentes estilos de páxina e aplique os estilos ás páxinas nas cales desexa mostralos.
Algunhas das opcións de cabeceira e pé de páxina tamén están dispoñíbeis para documentos HTML. As cabeceiras e pés de páxina non se admiten na linguaxe HTML e, en vez diso, expórtanse con etiquetas especiais para que se poidan visualizar nun explorador. Só se exportan en documentos HTML se están activados en modo deseño web. Ao abrir de novo o documento en LibreOffice, mostraranse correctamente e incluirán todos os campos inseridos.