Documentos Mestre e Subdocuments

Un documento principal permite administrar documentos grandes, como un libro con moitos capítulos. O documento principal pódese ver como un recipiente para ficheiros individuais de LibreOffice Writer, chamados subdocumentos.

Características dos documentos mestre

Icona Nota

Cando engade un documento ou crea un subdocumento, créase unha ligazón no documento principal. Non pode editar o contido dun subdocumento directamente no documento principal, mais pode utilizar o Navegador para abrir calquera subdocumento para editalo.


Exemplo do uso de estilos

Un documento principal.odm contén texto e ligazóns aos subdocumentos sub1.odt e sub2.odt. En cada subdocumento defínese e úsase un novo estilo de parágrafo co mesmo nome, Estilo1, e os subdocumentos son gardados.

Ao gardar o documento, os estilos dos subdocumentos impórtanse dentro do principal. Primeiro, impórtase o estilo novo Estilo1. do sub1.odt e, a seguir, importánse do sub2.odt os novos estilos, mais como o Estilo1 xa está presente no documento principal, o estilo do sub2.odt non será importado.

No documento principal pode ver o estilo novo Estilo1 do primeiro subdocumento. Todos os parágrafos Estilo1 móstranse no documento principal usando os atributos Estilo1 do primeiro subdocumento. De calquera maneira, o segundo subdocumento non se modificará por si mesmo. Vai ver os parágrafos Estilo1 do segundo subdocumento con diferentes atributos, dependendo de se abre o documento sub2.odt por si mesmo ou como unha parte do documento principal.

Icona Suxestión

Para evitar esta confusión, use o mesmo modelo de documento para o documento principal e para os subdocumentos. Isto ocorre automaticamente ao crear o documento principal e os seus subdocumentos a partir dun documento con títulos xa existente usando a orde Ficheiro - Enviar - Crear documento principal.


Precisamos da súa axuda!