Axuda do LibreOffice 25.8
As notas ao pé de páxina proporcionan máis información sobre un tema na parte inferior da páxina, e as notas ao final fano na fin do documento. LibreOffice numéraas automaticamente.
Prema onde desexa situar a áncora da nota.
Escolla Inserir - Nota a rodapé enota final - Inserir nota a rodapé/nota final especial.
Na
, seleccione o formato que desexa utilizar. Se selecciona , prema no botón Buscar ( ) e seleccione o carácter que quere usar para a nota ao pé de páxina.Na
, seleccione ou .Prema en Aceptar.
Introduza a nota.
Tamén pode inserir notas ao pé de páxina premendo na icona Inserir directamente nota ao pé de páxina na barra de ferramentas Inserir.
Pode inserir notas finais directamente premendo na icona Estándar ou Inserir ou escollendo .
nas barras de ferramentasO apuntador do rato transfórmase nunha man ao situala sobre a áncora da nota ao pé de páxina.
Para editar o texto dunha nota a rodapé ou nota final prema na nota ou prema na áncora da nota no texto ou prema OrdeCtrl+Maiús+AvPáx.
Para cambiar o formato dunha nota a rodapé prema na nota a rodapé, prema Orde+TF11 para abrir a xanela Estilos, prema «Nota a rodapé» na lista co botón dereito do rato e escolla Modificar.
Para ir dende o texto da nota ao pé de páxina á áncora da nota ao texto, prema retroceso de páxina.
Para editar as propiedades de numeración da áncora dunha nota a rodapé ou dunha nota final, prema diante da áncora e escolla Editar - Referencia - Nota a rodapé ou nota final.
Para cambiar o formato que o LibreOffice aplica ás notas a rodapé e as notas finais escolla Ferramentas - Configuración de notas a rodapé/notas ao final.
Para editar as propiedades da área de texto das notas a rodapé ou das notas finais escolla Formato - Estilo de páxina e prema na lapela Nota a rodapé.
Para eliminar a nota ao pé de páxina elimine a áncora da nota ao pé de páxina.
Pódense empregar teclas de atallo para inserir, editar e navegar por notas a rodapé e notas finais. Escolla a lapela nota na caixa Funcións para ver as posibilidades.
e introduza