Axuda do LibreOffice 25.8
Nos documentos de texto pode encontrar palabras, formatos, estilos, etc. Pode navegar dun resultado a outro ou pode realzar todos os resultados simultaneamente e, a seguir, aplicar outro formato ou substituír as palabras por outro texto.
Para localizar texto en todo o documento, abra a caixa de diálogo Localizar e substituír sen ter seleccionado texto. Se desexa buscar só nunha parte do documento, seleccione primeiro a parte do texto e, a seguir, abra Localizar e substituír.
substituír para abrir a caixa de diálogo Localizar e substituír.
Introduza o texto que desexe atopar na caixa de texto Atopar.
Prema Localizar ou Localizar todo.
Ao premer Localizar seguinte, Writer mostra o seguinte texto que sexa igual ao introducido. Pode ver e editar o texto e, a seguir, premer de novo Localizar seguinte para avanzar ao seguinte texto encontrado.
Se pecha a caixa de diálogo pode premer a combinación de teclas (Ctrl+Maiús+F) para localizar o seguinte texto.
Se o prefire, pode usar as iconas na parte inferior dereita do documento para navegar ata o seguinte texto ou para outros obxectos no documento.
Cando fai clic en
, escritor selecciona todo o texto que é igual á súa entrada. Agora podes, por exemplo, establecer todo o texto atopado en negra, ou aplicar un estilo de carácter a todos dunha vez.A diferenza de buscar texto, a función de substitución non permite restrinxir a procura á selección actual.
substituír para abrir a caixa de diálogo Localizar e substituír.
Introduza o texto que desexe buscar na caixa de texto Atopar.
Introduza o texto que desexa utilizar para substituír o texto encontrado na caixa Substituír por.
Prema Substituír ou Substituír todo.
Ao premer Substituír, o Writer busca en todo o documento o texto que haxa na caixa Atopar a partir da posición actual do cursor. Cando atopa o texto, o Writer reálzao e agarda unha resposta. Prema Substituír para substituír o texto realzado no documento polo texto da caixa de texto Substituír. Prema Atopar seguinte para avanzar até o seguinte texto sen substituír a selección actual.
Ao premer Substituír todo, Writer substitúe todo o texto que coincida co introducido.
Desexa localizar no documento todo o texto ao cal é atribuído un determinado estilo de parágrafo como, por exemplo, o estilo "Título 2".
substituír para abrir a caixa de diálogo Localizar e substituír.
Prema Outras opcións para expandir a caixa de diálogo.
Prema
A caixa de texto tórnase nunha caixa de lista na que se pode seleccionar calquera dos estilos de parágrafo aplicados no documento actual.
Seleccione o estilo que desexe procurar e, a seguir, prema Localizar seguinte ou Localizar todo.
Desexa localizar no documento todo o texto ao cal se atribúe un determinado formatado directo de carácter.
A localización de formatos procura atributos directos de carácter, non procura atributos aplicados como parte dun estilo.
substituír para abrir a caixa de diálogo Localizar e substituír.
Prema en Máis opcións para expandir a caixa de diálogo.
Prema o botón Formato
Prema Localizar seguinte ou Localizar todo.
A busca por similitude pode localizar texto que sexa parecido ao procurado. Pode definir o número de caracteres diferentes permitidos.
Comprobe a busca Similaridade opción e, opcionalmente, prema no botón ... para cambiar a configuración. (Definición todos os tres números para un funciona ben para texto en inglés).
Tendo activado o soporte a idiomas asiáticos en LibreOffice - Preferencias Ferramentas - Opcións - idiomas e configuración local - Xeral, o diálogo Localizar e substituír ofrece opcións de busca de texto asiático.
O navegador é a principal ferramenta para localizar e seleccionar obxectos. Tamén pode usar o navegador para mover e organizar os capítulos, ao fornecer unha visualización do esquema do documento.
Para abrir a xanela do Navegador escolla Editar - Navegador.
Use o navegador para inserir obxectos, ligazóns e referencias entre o mesmo documento ou entre outros documentos abertos. Vexa a guía do Navegador para máis información.
Prema a icona co círculo azul na parte inferior dereita do documento para abrir a xanela de Navegación.
Use a fiestra de navegación para ir rapidamente ao seguinte obxecto ou o seguinte texto no seu documento.