Consultar datos do usuario en campos ou condicións

Pode acceder e comparar algúns datos do usuario a partir das condicións ou dos campos. Por exemplo, use os seguintes operadores para comparar os datos do usuario:

Operador

Significado

== ou EQ

é igual a

!= ou NEQ

non é igual a


Se o desexa, pode usar unha condición para ocultar a un usuario determinado un texto específico do documento.

  1. Seleccione o texto que desexa ocultar.

  2. Escolla Inserir - Sección.

  3. Na Ocultar , seleccione a caixa de verificación Agochar.

  4. Na caixa Con condición introduza user_lastname == "Seixas", onde "Seixas" é o apelido do usuario ao que desexa ocultar o texto.

  5. Prema en Inserir e garde o documento.

Icona Nota

No Navegador aínda é posíbel ver o nome da sección oculta.


A seguinte táboa mostra unha lista das variábeis do usuario ás que pode acceder ao definir unha condición ou campo:

Variábeis do usuario

Significado

user_firstname

Nome

user_lastname

Apelidos

user_initials

Iniciais

user_company

Empresa

user_street

Rúa

user_country

País

user_zipcode

CP

user_city

Cidade

user_title

Título

user_position

Posición

user_tel_work

Teléfono da empresa

user_tel_home

Teléfono particular

user_fax

Número de fax

user_email

Enderezo de correo electrónico

user_state

Estado


Precisamos da súa axuda!