Sobre os campos

Os campos utilízanse para datos que varían nun documento, como a data ou o número total de páxinas.

Visualización de campos

Os campos consisten nun nome de campo e o contido do campo. Para alternar entre que se mostre o nome do campo ou o seu contido escolla Ver - Nomes de campo.

Para mostrar o agochar o realce de campo nun documento escolla Ver - Sombreados de campo. Para desactivar esta funcionalidade de vez escolla - LibreOffice - Cores da aplicación e limpe a caixa de opción Sombreados de campo.

Para cambiar a cor dos sombreados de campo escolla - LibreOffice - Cores da aplicación, localice a opción Sombreados de campo e escolla unha cor diferente na caixa Configuración da cor.

Propiedades de campo

A maioría dos tipos de campo, inclusive os campos de base de datos, almacenan e mostran valores variábeis.

Os seguintes tipos de campo executan unha acción cando se preme no campo:

Tipo de campo

Propiedade

Marcador de posición

Abre unha caixa de diálogo para inserir o obxecto correspondente ao marcador de posición, excepto para marcadores de texto. Para os marcadores de texto prema no marcador de texto e escriba sobre el.

Inserir referencia

Move o apuntador do rato á referencia.

Executar macro

Executa unha macro.

Campo de entrada

Abre a caixa de diálogo para editar o contido do campo.


Actualización de campos

Para actualizar todos os campos do documento, prema en F9 ou escolla Editar - Seleccionar todo e prema en F9.

Para actualizar un campo inserido desde unha base de datos, seleccione o campo e prema en F9.

Icona Nota

Os marcadores de texto non se actualizan.


Precisamos da súa axuda!