Axuda do LibreOffice 25.8
LibreOffice pode alternar os estilos nas páxinas pares (á esquerda) e impares (á dereita). Por exemplo, pode usar estilos de páxina para mostrar diferentes cabeceiras e pés de páxina na páxinas pares e impares. O estilo de páxina actual aparece na Barra de estado, na parte inferior do espazo de traballo.
Escolla
e prema na icona .Na lista de estilos de páxina, prema co botón dereito do rato en "Páxina á esquerda" e escolla Modificar.
Prema na lapela Xeral.
Seleccione "Páxina á dereita" na caixa Seguinte estilo e prema en Aceptar.
Na lista de estilos de páxina, prema co botón dereito do rato sobre "Páxina á dereita" e escolla Modificar.
Seleccione "Páxina á esquerda" na caixa Seguinte estilo e prema en Aceptar.
Vaia á primeira páxina do documento e prema dúas veces en «Páxina dereita» na lista de estilos de páxina da xanela Estilos.
Para engadir unha cabeceira a un dos estilos de páxina escolla
e escolla o estilo de páxina ao que desexa engadir unha cabeceira. No marco da cabeceira escriba o texto que desexe empregar como cabeceira.Para engadir un rodapé a un dos estilos de páxina escolla
e escolla o estilo de páxina ao que desexa engadir un rodapé. No marco do rodapé escriba o texto que desexe empregar como rodapé.Se non desexa ter unha cabeceira ou un pé de páxina na portada do seu documento, aplique o estilo "Primeira páxina" á portada.
Se aparecen dúas páxinas pares ou impares seguidas, Writer inserirá unha páxina baleira por defecto. Pode suprimir estas páxinas xeradas automaticamente da impresión ou exportación en PDF.
Escolla LibreOffice - Preferencias Ferramentas - Opcións - LibreOffice Writer - Imprimir.
Elimine a marca de verificación de Imprimir páxinas en branco inseridas automaticamente.