Axuda do LibreOffice 25.8
Empregue a caixa de diálogo para engadir numeración a títulos. Os diferentes niveis da caixa de diálogo permiten asignar títulos diferentes como estrutura de esquema do documento. Na configuración predeterminada, asígnaselle o estilo de parágrafo «Título 1» ao nivel de esquema 1. Considérase o nivel máximo da estrutura de esquema do documento. O estilo de parágrafo «Título 2» asígnase ao nivel de esquema 2 e así sucesivamente. Tamén se pode empregar a caixa de diálogo para asignar un estilo de parágrafo personalizado como título na estrutura do documento.
Escolla e prema na lapela .
Seleccione o para configurar.
Na caixa de diálogo seleccione o estilo de parágrafo para o nivel seleccionado.
Na caixa de diálogo seleccione o esquema de numeración que desexe empregar para ese título e prema .
Prema no comezo do texto do parágrafo de título, despois do número.
Prema a tecla Retroceso para eliminar o número.
Prema Maiús+Retroceso co cursor no inicio do título para devolver o número.
Este procedemento retira a numeración dun título individual. Para retirar ou modificar a numeración automática de todos os títulos empregue a caixa de diálogo .
Escolla e prema na lapela .
Prema no nivel que desexe asignar ao estilo de parágrafo personalizado na lista .
Seleccione o estilo personalizado na caixa Estilo de parágrafo.
Prema en Aceptar.