Axuda do LibreOffice 25.8
Podes establecer unha cor de fondo ou usar un gráfico como un fondo para varios obxectos no LibreOffice Writer.
Seleccione os caracteres.
Escolla .
Prema na lapela Realzar e seleccione a cor de fondo.
Posicione o cursor no parágrafo ou seleccione varios parágrafos.
Escolla Formato - Parágrafo.
Na lapelaÁrea, seleccione a cor ou imaxe de fondo.
Para seleccionar un obxecto no fondo, manteña premida a tecla ComandoCtrl e prema no obxecto. Tamén pode usar o navegador para seleccionar o obxecto.
Posicione o cursor nunha táboa do documento de texto.
Escolla .
No separador Fondo, seleccione a cor ou imaxe de fondo.
Na caixa Para escolla se desexa aplicar a cor ou imaxe á cela actual, á fila ou a toda a táboa. Se selecciona varias celas ou filas antes de abrir a caixa de diálogo, o cambio aplicarase á selección.
Tamén pode usar unha icona para aplicar un plan de fondo para as partes da táboa.
Para aplicar unha cor de fondo ás celas seleccione as celas e empregue o menú despregábel Cor de fondo das celas da táboa na barra de ferramentas Táboa.
Para aplicar unha cor de fondo a un parágrafo de texto dentro dunha cela coloque o cursor nese parágrafo de texto e empregue o despregábel Cor de fondo da barra de ferramentas Formato.