Organizar títulos no Navegador

Pódense subir e baixar os títulos e o seu texto subordinado nun documento empregando o Navegador. Tamén se poden promover e rebaixar os niveis de esquema dos títulos. Para empregar este recurso, formate os títulos do documento cun dos estilos de parágrafo predefinidos «Título 1» (1-10) ou empregue un estilo de parágrafo personalizado para o título, escolla Ferramentas - Numeración de títulos, seleccione un número da lista Niveis e, por último seleccione o estilo na caixa Estilo de parágrafo.

tip

Para mover con rapidez o cursor a un título, prema dúas veces sobre o título na lista do Navegador.


Para ancorar o Navegador, arrastre a barra de título para o bordo do espazo de traballo. Para desancorar o Navegador, prema dúas veces ao tempo que mantén premida a tecla Ctrl.

Mover o título cara a arriba ou cara a abaixo

warning

Comprobe que os títulos de todos os niveis de esquema aparezan no Navegador. Por omisión móstranse todos os niveis. Vexa os pasos seguintes sobre como cambiar os niveis de título que se mostran.


  1. Na Barra estándar prema na icona do Navegador Icona Navegador para abrir o Navegador.

  2. No Navegador, prema na icona Vista de navegación do contido Vista de navegación do contido.

  3. Adopte un dos procedementos seguintes:

  1. Arrastre un título a unha nova posición na lista do Navegador.

  2. Prema nun título da lista do Navegador e Subir título Icona Promover ou na icona Baixar título Icona Rebaixar.

note

Para mover o título sen o texto subordinado manteña premidas as teclas Ctrl ao arrastrar ou prema as iconas Subir título ou Baixar título.


Para promover ou rebaixar o nivel de esquema dun título

  1. Seleccione o título na lista Navegador .

  2. Prema na icona Promover nivel de esquema Icona Promover nivel de esquema ou Rebaixar nivel de esquema Icona Rebaixar nivel de esquema.

Utilizar niveis de esquema para cambiar os títulos que se ven

Prema na icona Mostrar até o nivel de esquema Icona Mostrar até o nivel de esquema e seleccione un número para o máximo nivel de esquema. Calquera título dun nivel de esquema inferior ou igual a este número aparecerá no Navegador.

Precisamos da súa axuda!