Posicionamento de obxectos

Un obxecto, tal como unha imaxe ou un cadro, está colocado dentro dun documento por medio dunha áncora que vai ligada a outro elemento.

Unha áncora determina o punto de referencia dun obxecto. O punto de referencia podería ser a páxina ou marco no que estea o obxecto, un parágrafo ou mesmo un carácter. Un obxecto ten sempre unha áncora.

Unha áncora móvese co elemento ao que está ligada segundo se edita o documento. Un obxecto retén a súa posición relativa ao punto de referencia determinado pola súa áncora de maneira que, sempre que se mova ou cambie o seu punto de referencia, o obxecto móvese en relación a el.

Están dispoñíbeis as opcións de ancoraxe seguintes:

Áncoraxe

Efecto

Como carácter

Áncora o obxecto seleccionado como carácter no texto actual. Se a altura do obxecto seleccionado é maior que o tamaño do tipo de letra, aumenta a altura da liña en que se atopa o obxecto.

Para centrar imaxes dunha páxina HTML: Insira as imaxes, ancóreas "como carácter" e, a seguir, centre o parágrafo.

Ao carácter

Ancora o obxecto seleccionado ao parágrafo que contén o carácter ao que se anexou a áncora. O punto de referencia do obxecto é o inicio do parágrafo que contén o carácter.

Por exemplo, se divide o parágrafo nun punto antes da áncora, o punto de referencia móvese ao inicio do novo parágrafo e o obxecto móvese en relación a ese punto. Se une o parágrafo ao que o precede, o punto de referencia móvese ao inicio do parágrafo combinado e o obxecto móvese a unha posición relativa a esa.

Ao parágrafo

Ancora o obxecto seleccionado ao parágrafo actual.

Á páxina

Ancora o obxecto seleccionado á páxina actual.

Ao marco

Áncora o obxecto seleccionado ao marco circundante.


note

Os obxectos só se poden colocar na páxina na que se localiza a súa áncora.


Mover unha áncora

Ao inserir unha forma, caixa de texto, obxecto OLE, imaxe ou marco nun documento aparece unha icona dunha áncora no sitio no que o obxecto está ancorado. Pódese mover unha áncora ou, mantendo outras restricións de obxecto en mente, colocar un obxecto en relación ao punto de referencia da áncora arrastrando o obxecto.

Cambiar unha áncora

Para cambiar as opcións de ancoraxe dun obxecto, prema neste co botón dereito do rato e escolla unha opción no submenú Áncora.

Precisamos da súa axuda!