Clasificación de documentos

A clasificación e a seguranza dos documentos é unha cuestión importante para as empresas e os organismos estatais.

A información intercámbiase entre usuarios e organizacións que colaborar para atinxir un obxectivo empresarial. Cando se trata de información sensíbel, asúmese que as partes terán acordado que información é sensíbel e como hai que identificar e tratar esa información. Calquera receptor dun recurso confiará no fornecedor da información para que este cumpra cos procedementos acordados para identificar a sensibilidade da información.

O LibreOffice fornece medios estándar para que tal información sensíbel sexa expresada e poda ser usada entre as partes se se organizan sistemas que funcionen conxuntamente. Fornece un conxunto de «campos» estandarizados que poden ser usados para conter información sobre a sensibilidade. Non pretende definir cal debera ser o contido deses «campos». Este enfoque supón unha melloría sobre a única alternativa existente neste momento, que consiste en que o fornecedor empregue un medio arbitrario para expresar a sensibilidade que pode non ser útil para un receptor.

Aínda que este estándar teña sido desenvolvido coa intención de ser aplicábel a calquera ámbito de actuación, o LibreOffice mantén a nomenclatura e as categorías da industria aeroespacial e de defensa, nas que a marcación da sensibilidade ten como base as políticas de seguranza nacional, control das exportacións e propiedade intelectual.

O LibreOffice inclúe os estándares abertos producidos por TSCP (Transglobal Secure Collaboration Participation, Inc.), independente de calquera vendedor determinado. Dous deles son especialmente interesantes:

Categorías de BAF

A seguir enuméranse as categorías BAF predeterminadas no LibreOffice.

Icona Suxestión

Só a categoría «Propiedades intelectuais» modifica a disposición do documento, cunha marca de auga, campos na cabeceira e rodapé e unha barra informativa na parte superior da área do documento. Cada elemento inserido no documento está controlado polo ficheiro de configuración de clasificación.


Propiedade intelectual

Propiedade intelectual é un termo xenérico para a natureza do contido do documento. Seleccione esta categoría para a clasificación de documentos de uso xeral.

Seguranza nacional

Selecciona a categoría deste documento para o tipo de política de seguranza nacional. A categoría seleccionada gárdase xunto co documento como metadata BAILS nas propiedades do ficheiro e non se realizan modificacións na disposición do documento nin na interface de usuario.

Control de exportacións

Selecciona a categoría deste documento para o tipo de política de control de exportación. A categoría seleccionada gárdase xunto co documento como metadata BAILS nas propiedades do ficheiro e non se realizan modificacións na disposición do documento nin na interface de usuario.

Icona Aviso

Consulte a política de seguranza de datos e os responsábeis de seguranza da información da súa empresa ou organismo para obter axuda sobre a clasificación dos documentos.


Niveis predefinidos de clasificación

LibreOffice fornece os niveis predeterminados de clasificación de documentos(BAILS) que aparecen embaixo, dispostos en orde crecente de nivel de seguranza:

Personalizar os niveis de clasificación.

O LibreOffice permite a personalización dos niveis de clasificación da súa organización. Para personalizar o número e o nivel dos niveis, copie o ficheiro example.xml situado en - LibreOffice - Rutas - Clasificación para un cartafol local e edite o seu contido.

Icona Suxestión

Use o ficheiro coa súa configuración rexional de LibreOffice no nome como exemplo.


Garde o ficheiro e realice os cambios adecuados á ruta de clasificación de riba para acceder ao ficheiro.

Icona Suxestión

O administrador do sistema pode colocar o ficheiro nun cartafol da rede e facer que todos os usuarios accedan ao ficheiro de configuración da clasificación.


Pegar contido en documentos con niveis de clasificación diferentes.

Para evitar violacións da política de seguranza, non se permite pegar contido dun nivel de clasificación alto en documentos dun nivel de clasificación inferior. O LibreOffice mostra unha mensaxe de alerta ao detectar que o contido do portapapeis ten un nivel de clasificación superior ao do documento de destino.

Barra de clasificación

A barra Clasificación contén ferramentas que axudan a xestionar documentos de maneira segura.

A barra de ferramentas Clasificación contén caixas de opcións que axudan a seleccionar a seguranza do documento segundo as políticas de categorías BAF e os niveis BAILS. O LibreOffice engade campos personalizados ás propiedades do documento (Ficheiro - Propiedades, lapela Propiedades personalizadas) para almacenar a política de clasificación como metadatos do documento.

Para acceder a esta orde...

Vaia ao menú Ver - Barras de ferramentas e seleccione Clasificación


Precisamos da súa axuda!