Inserir campos

Prema para abrir a caixa de diálogo Campos. Prema na frecha situada ao lado da icona para abrir o submenú.

Icona

Inserir campos

Pode escoller entre as seguintes funcións:

Data

Insire a data actual como un campo. Utilízase o formato predefinido de data. A data non se actualiza automaticamente.

Hora

Insire a hora actual como campo. A hora obtense directamente da configuración do seu sistema operativo. Aplícase un formato de hora fixa, que non se pode actualizar coa tecla de función F9.

Números de páxina

Insire o número da páxina actual como campo na posición do cursor. A opción predeterminada é empregar o estilo de carácter Número de páxina.

Conta de páxinas

Insire como un campo o número total de páxinas do documento.

Asunto

Insire como campo o asunto especificado nas propiedades do documento. Este campo mostra os datos introducidos no campo Asunto en Ficheiro - Propiedades - Descrición.

Título

Insire como un campo o título especificado nas propiedades do documento. Este campo mostra os datos inseridos no campo Título en Ficheiro - Propiedades - Descrición.

First Author (field)

Insire o nome da persoa que creou odocumento aquí como campo. O campo aplica a entrada feita en - LibreOffice - Datos do usuario.

Outros

Insire un campo na posición actual do cursor O diálogo lista todos os campos dispoñíbeis.

Precisamos da súa axuda!