Asistente de combinación de correspondencia - Axustar o deseño

Define a posición dos bloques de enderezos e dos saúdos nos documentos.

Posición do bloque de enderezos

Desde arriba

Introduza a cantidade de espazo a deixar entre o bordo superior da páxina e o bordo superior do bloque de enderezos.

Aliñar ao corpo do texto

Aliñar o cadro que contén o bloque de enderezos para a marxe esquerda da páxina.

Desde a esquerda

Introduza a cantidade de espazo a deixar entre o bordo esquerdo da páxina e o bordo esquerdo do bloque de enderezos.

Posición do saúdo

Cara a arriba

Move o saúdo para arriba.

Cara a abaixo

Move o saúdo abaixo.

Área de vista previa

Fornece unha vista previa da colocación do saúdo na páxina.

Zoom

Seleccione unha ampliación para a visualización da impresión.

Utilice a ordes do menú de contexto da previsualización para movela cara a arriba ou cara a abaixo.

Prema no botón Rematar e empregue a barra de ferramentas de combinación de correspondencia para rematar o proceso de combinación de correspondencia.

Precisamos da súa axuda!