Autoformato para táboas

Aplica formatos automaticamente á táboa actual, incluídos tipos de letra, sombreado e bordos.

Para acceder a esta orde...

Escolla Táboa - Formato automático (co cursor nunha táboa).


Engadir formato automático a táboas

  1. Prema nunha cela ou seleccione as que desexe formatar.

  2. Escolla Táboa - Formato automático, e logo prema no formato que desexa aplicar.

  3. Prema en Aceptar.

Formato

Lista os estilos de formato dispoñíbeis para as táboas. Prema no formato que desexe aplicar e prema en Aceptar.

Engadir

Engade un novo estilo de táboa á lista.

  1. Formatar unha táboa do documento.

  2. Seleccione a táboa e, a seguir, escolla Táboa - Formato automático.

  3. Prema en Engadir.

  4. No diálogo Engadir formato automático introduza un nome e prema en Aceptar.

Eliminar

Elimina o estilo de táboa seleccionado. Non é posíbel eliminar o estilo de táboa «Estilo predeterminado».

Formatado

Seleccione os atributos de formatado que desexe incluír no estilo de táboa seleccionado.

Formato numérico

Inclúe os formatos de numeración no estilo de táboa seleccionado.

Tipo de letra

Inclúe formato de tipo de letra no estilo de táboa seleccionado.

Aliñamento

Inclúe opcións de aliñamento no estilo de táboa seleccionado.

Bordo

Inclúe estilos de bordo no estilo de táboa seleccionado.

Patrón

Inclúe estilos de fondo no estilo de táboa seleccionado.

Renomear

Cambia o nome do estilo de táboa seleccionado. Non é posíbel mudar o nome do estilo de táboa «Estilo predeterminado».

Axúdenos, por favor!