Axuda do LibreOffice 24.8
Especifica o número de columnas e o seu deseño para a sección.
As seccións seguen o comportamento do fluxo de texto da páxina en que están inseridas.
Por exemplo, se insire unha sección que utiliza un deseño de dúas columnas nun estilo de páxina que utiliza un deseño de catro, o de dúas aníñase nunha das catro columnas.
Tamén pode aniñar seccións, ou sexa, inserir unha sección dentro doutra.