Trocar base de dados

Cambiar as fontes de datos do documento actual. Para mostrar correctamente o contido dos campos inseridos, a base de datos de substitución debe conter nomes de campos idénticos.

Para acceder a esta orde...

From the menu bar:

Escolla Editar - Trocar base de datos

From the tabbed interface:

Escolla Ferramentas, abra o botón de menú e seleccione Trocar base de datos.


Por exemplo, se insire campos de enderezo nunha carta modelo desde unha base de datos de enderezos, substitúa a base de datos por outra para inserir enderezos diferentes.

Trocar bases de datos

Nesta caixa de diálogo só pode trocar unha base de datos cada vez.

Bases de datos en uso

Lista as bases de datos que están actualmente en uso. O presentedocumento contén polo menos un campo de datos de cada un dos bancos de datosda lista.

Bases de datos dispoñíbeis

Lista as bases de datos que están rexistradas no LibreOffice .

Explorar

Opens the Open dialog to select a database file (*.odb). The selected file is added to the Available Databases list.

Definir

Substitúe a fonte de datos actual pola fonte de datos que seleccionou na lista Bases de datos dispoñíbeis.

Para trocar unha base de datos:

Asegúrese de que coinciden os nomes e tipos dos campos de ambas as bases de datos.

  1. Prema no documento en que desexa modificar a fonte de datos.

  2. Escolla Editar - Trocar base de datos.

  3. Na lista Bases de datos en uso seleccione a táboa da base de datos que queira substituír.

  4. Na lista Bases de datos dispoñíbeis seleccione a táboa de base de datos de substitución.

  5. Prema en Aceptar.

Precisamos da súa axuda!