Opcións
Engade o número do capítulo coa etiqueta da lenda. Para usar este recurso, ten que primeiro asignar un nivel de esquema a un estilo de parágrafo e, a seguir, aplicar o estilo aos títulos dos capítulos do documento.
Numeración por capítulos
Cando se engaden números de capítulos ás etiquetas das lendas, a numeración das lendas reiníciase en cada novo título de capítulo. Por exemplo, se o último punto do capítulo 1 é "Punto 1.12", o primeiro punto do capítulo seguinte será "Figura 2.1".
Nivel
Seleccione o número de niveis de títulos dende o principio da xerarquía de capítulos para abaixo para incluír na etiqueta da lenda.
Separador
Introduza o carácter que desexa inserir entre o número do capítulo eo númerode lenda.
Formato de marco e categoría
Estilo de carácter
Especifica o estilo de carácter.
Aplicar bordo e sombra
Aplica o bordo e sombra do obxecto ao marco da lenda.