Axuda do LibreOffice 26.2
Define as propiedades da sección.
Escriba un nome para a nova sección. Por omisión, LibreOffice asígnalle automaticamente o nome de «Sección X» ás seccións novas, onde X é un número consecutivo.
Insire o contido doutro documento ou sección na sección actual.
Crea unha conexión DDE . Marque esta caixa de opción e, a seguir, escriba a orde de DDE que desexe usar. A opción DDE só está dispoñíbel se a opción Ligazón estiver marcada.
A sintaxe xeral dunha orde DDE é: "<Servidor><Tema><Elemento>". O servidor é o nome DDE da aplicación que contén os datos, o tema refírese á localización do elemento (xeralmente, o nome do ficheiro) e o elemento representa o obxecto propiamente dito.
Por exemplo, para inserir unha sección chamada «Sección1» dun documento de texto abc.odt de LibreOffice como ligazón DDE, empregue a orde: «soffice x:\abc.odt Sección1». Para inserir o contido da primeira cela dun ficheiro de folla de cálculo de Microsoft Excel chamada «abc.xls», empregue a orde: «excel x:\[abc.xls] Sheet1 z1s1». Tamén se poden copiar os elementos que se queira inserir como ligazón DDE e despois Editar - Pegado especial. Entón pódese ver a orde de DDE da ligazón seleccionando o contido e escollendo Editar - Campos.
Introduza a ruta e o nome de ficheiro do ficheiro que desexe inserir ou prema no botón Navegar para localizar o ficheiro. Se a opción DDE estiver seleccionada, introduza a orde de DDE que desexe empregar.
Localice o ficheiro que desexe inserir como ligazón e a seguir prema en Inserir.
Seleccione a sección do ficheiro que desexe inserir como ligazón.
Cando se abre un documento con seccións ligadas, pídese que se actualicen as ligazóns.
Impide que a sección seleccionada sexa editada.
Protexe a sección seleccionada cun contrasinal. O contrasinal debe ter como mínimo cinco caracteres.
Abre un diálogo onde pode cambiar o contrasinal actual.
Oculta e impide que a sección seleccionada sexa impresa. Os compoñentes das seccións ocultas aparecen en gris no Navegador. Ao colocar o rato sobre un compoñente oculto no Navegador, aparece a información de axuda «oculto».
Non é posíbel ocultar unha sección se é o único compoñente dunha páxina, cabeceira, pé de páxina, nota a rodapé, marco ou cela de táboa.
Enter the condition that must be met to hide the section. A condition is a logical expression and must resolve to TRUE or FALSE.
For example, you can create the field variable x and set its value to 1. Then specify a condition based on this variable for hiding a section, such as: x EQ 1 to hide the section. If you want to display the section, set the value of the variable x to 0.
When using conditions based on database fields, always fully qualify the field by specifying it as Database_name.Table_name.Field_name.
Esta área da caixa de diálogo só se ve nos documentos XForms.
Seleccione esta opción para permitir a edición do contido da sección mesmo cando o documento está aberto en modo só de lectura.