Crear documento HTML

Garda o ficheiro como documento en HTML para poder ser visto nun navegador web. Pode escoller entre crear unha páxina separada cada vez que se atope no documento o estilo de título que indique.Se escolle esta opción tamén se crea unha páxina separada de ligazóns a todas as páxinas xeradas.

Para acceder a esta orde...

From the menu bar:

Escolla Ficheiro - Enviar - Crear documento HTML


Cando se crea máis dun documento HTML numéranse consecutivamente os nomes dos ficheiros. Os títulos das páxinas HTML créanse a partir do título superior do capítulo.

Nome de ficheiro

Introduza un nome de ficheiro ou ruta para o ficheiro. Tamén pode introducir un URL

«separado por» ou «Estilos:»

Seleccione o estilo de parágrafo de título que desexe utilizar para indicar unha nova páxina en HTML. Para usar esta opción, aplique un dos estilos de parágrafo de título aos parágrafos en que desexe iniciar unha páxina nova no documento.

Icona Nota

O termo Estilos emprégase cando o LibreOffice emprega a caixa de diálogo de selección de ficheiros do sistema. O termpo separado por emprégase cando o LibreOffice emprega a súa propia caixa de diálogo de selección de ficheiros, segundo se configure en - LibreOffice - Xeral - Caixas de diálogo Abrir/Gardar - Empregar diálogos do LibreOffice.


Tipo de ficheiro

Seleccione o formato de ficheiro para o documento que quere gardar. Nesa área só se mostran os documentos dese tipo de ficheiro. Os tipos de ficheiro están escritos en Información sobre os filtros de importación e exportación.

Gardar

Garda o ficheiro.

Precisamos da súa axuda!

Precisamos da súa axuda!