Crear extracto automático

Copia os títulos e unha serie de apartados posteriores no documento activo a un novo documento de texto de resumo automático. Un resumo automático é útil para obter unha visión xeral de documentos longos. Pode especificar o número de niveis de destaque, así como o número de parágrafos contidos neles. Todos os niveis e parágrafos baixo os seus axustes están ocultos.

Para acceder a esta orde...

Escolla Ficheiro - Enviar - Crear resumo automático


Niveis de esquema incluídos

Introduza a extensión dos niveis de esquema que serán copiados ao novo documento. Por exemplo, se escolle catro niveis, todos os parágrafos formatados con Título 1 ata o Título 4 están incluídos, xunto co número de parágrafos posteriores especificados en subpuntos por nivel.

Sub-puntos por nivel

Especifique o número máximo de puntos consecutivos que se incluirán no documento AutoResumo despois de cada título. Todos os parágrafos até o máximo definidos son incluídos até que sexa alcanzado o parágrafo con estilo de título seguinte.

Axúdenos, por favor!