Formato
Este menú contén os ordes necesarias para formatar fórmulas.
Define os tipos de letra que pode aplicar aos elementos da fórmula.
Empregue este diálogo para indicar os tamaños de tipo de letra da fórmula. Seleccione un tamaño base e todos os elementos da fórmula redimensiónanse en relación a esta base.
Utilice esta caixa de diálogo para determinar o espazamento entre os elementos da fórmula. O espazamento especifícase como porcentaxe en relación ao tamaño de base definido en Formato - Tamaño de tipos de letra.
Permite definir o aliñamento de fórmulas de varias liñas ou de varios elementos nunha única liña. Cree fórmulas con varias liñas inserindo a orde NEWLINE na xanela Ordes.
Activa ou desactiva o modo texto. As fórmulas móstranse en modo texto á mesma altura que a liña de texto.