Menús

A barra de menús contén as ordes para traballar co Math do LibreOffice. Contén unha lista dos operadores dispoñíbeis, así como das ordes para editar, ver, organizar, formatar e imprimir documentos de fórmula e os obxectos que conteñan. A maioría das ordes de menú só se encontran dispoñíbeis ao crear ou editar fórmulas.

Icona Nota

A xanela do documento en que desexa traballar debe estar seleccionada para poder usar as ordes de menú. Da mesma forma, é necesario seleccionar un obxecto do documento para poder usar as ordes de menú asociados a ese obxecto.


Icona Aviso

Os menús son sensíbeis ao contexto, o que significa que é posíbel acceder aos elementos de ditos menús que teñen relevancia para a tarefa desenvolvida. Se o cursor está situado nun texto, estarán dispoñíbeis todos os elementos necesarios para a edición do texto. Se se seleccionan imaxes, veranse todos os elementos do menú que poden ser usados para a edición de imaxes.


Ficheiro

Abre o menú Ficheiro.

Editar

As ordes deste menú úsanse para editar fórmulas. Alén das ordes básicos (por exemplo, para copiar contido), existen funcións específicas de LibreOffice Math, como a busca de marcadores de posición ou de erros.

Ver

Este menú contén ordes para controlar como se mostra o documento na pantalla, cambiar a interface de usuario e acceder aos paneis da barra lateral.

Formato

Este menú contén os ordes necesarias para formatar fórmulas.

Ferramentas

Use este menú para abrir e editar o catálogo de símbolos ou importar unha fórmula externa como ficheiro de datos mediante o mediante o portapapeis. Pode cambiar as opcións do programa. E tamén a súa interface para que se axusten aos seus requisitos.

Xanela

Conten ordes para manexar e mostrar xanelas de documento.

Axuda

O menú da Axuda permite iniciar e controlar o sistema da Axuda de LibreOffice.

Precisamos da súa axuda!