Inserir parénteses

É posíbel mostrar, en LibreOffice Math, as parénteses separadas de modo que a distancia entre elas se defina libremente?

Pode definir parénteses individuais mediante «left» e «right», mais a distancia entre elas non será fixa, xa que se adaptan ao argumento. No entanto, para visualizar as parénteses de modo que a distancia entre elas si sexa fixa, coloque unha barra invertida «\» antes das parénteses. Agora estas parénteses compórtanse e alíñanse como calquera outro símbolo:

left lbrace x right none

size *2 langle x rangle

size *2 { \langle x \rangle }

Axúdenos, por favor!