Traballar con límites

Como se poden definir os límites nunha fórmula de suma ou de integral?

Quere inserir unha fórmula sumatoria tal como "sumatorio de s^k de k = 0 ata n" na posición do cursor nun documento do Writer.

  1. Choose Insert - OLE Object - Formula Object.

    Vese a xanela de introdución de Math e o panel Elementos á esquerda.

  2. Na lista da parte superior do panel Elementos seleccione o elemento Operadores.

  3. Na parte inferior do panel de Elementos, prema na icona Suma.

  4. Para activar os límites inferiores e superiores, prema tamén na icona Límites inferior e superior.

  5. Na xanela de entrada, o primeiro espazo reservado ou marca estará seleccionada e aí pode comezar a introducir o límite inferior:

    k = 0

  6. Prema F4 para avanzar ata a próxima marca, e introduza o límite superior:

    n

  7. Prema F4 para avanzar ata a próxima marca, e introduza o sumando:

    s^k

  8. Agora a fórmula está completa. Prema non seu texto, fórma da fórmula, para deixar a fórmula.

Da mesma maneira, pode introducir unha fórmula de integral con límites. Ao premer nunha icona do panel Elementos, o texto da orde asignada introducirase na xanela de entrada. Se coñece as ordes de texto, poderá escribir as ordes directamente na xanela de entrada.

  1. Choose Insert - OLE Object - Formula Object.

  2. Prema na xanela de entrada e escriba a seguinte liña:

    int from{a} to{b} f(x)`dx

    Existe un pequeno espazo ou valga entre f(x) e dx, que vostede pode tamén introducir usando o panel Elementos: escolla o elemento Formatos na lista superior e, a seguir, a icona Valga pequena.

note

No caso de que non lle guste o tipo de letra de f e x, escollaFormato - Tipo de letra e seleccione outro tipo. Prema no botón Predeterminado para utilizar os novos tipos de letra a partir de agora.


tip

No caso de precisar da fórmula dentro dunha liña de texto, os límites aumentan a altura da liña. Pode escoller Formato - Modo de texto para colocar os límites a carón do símbolo de suma ou de integral, o que reduce a altura da liña.


Precisamos da súa axuda!