Axuda do LibreOffice 25.2
Pode controlar LibreOffice Math sen o rato.
Se desexa inserir unha fórmula nun documento de texto e xa sabe como escribila, proceda da seguinte maneira:
Escriba a fórmula no texto.
Seleccione a fórmula.
Escolla a orde
Se desexa empregar a interface do Math do LibreOffice para editar unha fórmula, escolla a orde
sen ningún texto seleccionado.Pode teclear a fórmula e o cursor agarda na xanela Ordes.
Pode compoñer fórmulas usando o panel Elementos. Se aínda non está aberto, pode abrilo usando o menú Ver - Elementos.
Se o panel Elementos está aberto, utilice a tecla F6 para alternar entre a xanela Ordes e o panel Elementos e viceversa.