Aplicar cor a partes da fórmula

Empregue a orde cor para aplicar cor á parte subsecuente da fórmula.

O exemplo de abaixo crea unha fórmula na que a aparece na cor predeterminada (negro) e b aparece en vermello.

a + color red b

Teña en conta que a orde cor só cambia a cor da parte da fórmula que vai inmediatamente despois dela. Por exemplo, na fórmula de abaixo só b aparece en vermello, mentres que c aparece en negro.

a + color red b + c

Empregue chaves para aplicar cor a máis partes da fórmula. No exemplo seguinte, b e c aparecen en vermello.

a + color red { b + c }

tip

Hai unha lista cos nomes das cores predefinidas aquí.


Empregar cores RGB

Empregue a orde color rgb para aplicar cores empregando valores RGB (vermello, verde, azul).

color rgb 192 0 128 var

note

Os valores RGB están no intervalo 0 a 255.


Empregar notación hexadecimal

Empregue a orde color hex para aplicar cores empregando a notación hexadecimal.

color hex C00080 var

Combinar cor con outras ordes

É posíbel combinar as ordes de cores con outras ordes como bold, italic or size.

O exemplo de abaixo escribe var en grosa azul:

color blue bold var

Para cambiar a cor e o tamaño da letra, empregue color en combinación con size e o tamaño de letra desexado.

color blue size 20 var

Nomes de cores predefinidas

O LibreOffice fornece un conxunto de nomes de cores predefinidas que se poden empregar xunto coa orde color.

Linguaxe de marcas

Cor

Valor hexadecimal

Valores RGB

verde azulado ou ciano

Verde azulado

00FFFF

rgb(0, 255, 255)

black

Negro

000000

rgb(0, 0, 0)

blue

Azul

0000FF

rgb(0, 0, 255)

coral

Coral

FF7F50

rgb(255, 127, 80)

crimson

Carmesí

DC143C

rgb(220, 20, 60)

fuchsia ou magenta

Fucsia

FF00FF

rgb(255, 0, 255)

gray ou grey

Gris

808080

rgb(128, 128, 128)

green

Verde

008000

rgb(0, 128, 0)

hotpink

Hot pink

FF69B4

rgb(255, 105, 180)

indigo

Índigo

4B0082

rgb(75, 0, 130)

lavender

Lavanda

E6E6FA

rgb(230, 230, 250)

lime

Verde lima

00FF00

rgb(0, 255, 0)

maroon

Granate

800000

rgb(128, 0, 0)

midnightblue

Medianoite

191970

rgb(25, 25, 112)

navy

Azul mariño

000080

rgb(0, 0, 128)

olive

Verde oliva

808000

rgb(128, 128, 0)

orange

Laranxa

FFA500

rgb(255, 165, 0)

orangered

Orange red

FF4500

rgb(255, 69, 0)

purple

Púrpura

0x800080

rgb(128, 0, 128)

red

Vermello

FF0000

rgb(255, 0, 0)

seagreen

Verde mar

2E8B57

rgb(46, 139, 87)

silver

Prata

C0C0C0

rgb(192, 192, 192)

teal

Verde azulado

008080

rgb(0, 128, 128)

violet

Violeta

EE82EE

rgb(238, 130, 238)

yellow

Amarelo

FFFF00

rgb(255, 255, 0)


Precisamos da súa axuda!