Teclas de atallo en fórmulas

Esta sección contén unha lista de teclas de atallo usadas especificamente para crear fórmulas.

Tamén é posíbel usar as teclas de atallo xerais de LibreOffice

Teclas de atallo para funcións de fórmula

As seguintes teclas de atallo corresponden a ordes dos menús Editar e Ver.

F3

Seguinte erro

Maiús+F3

Erro anterior

F4

Seguinte marcador (marcador de posición)

Maiús+F4

Marcador anterior (marcador de posición)

F9

Actualizar

Navegación no panel Elementos

Frecha cara á esquerda ou cara á dereita

Mover á esquerda ou á dereita ata a próxima categoría ou función.

Tecla Intro

Selecciona unha categoría (na sección de categorías) ou insire unha función na xanela Ordes (na sección de funcións).

Tabulación

Pasa do primeiro elemento á primeira función da categoría.

Maiús + Tab

Pasa do último elemento á última función da categoría.

Precisamos da súa axuda!