Axuda do LibreOffice 25.2
Esta orde abre unha caixa de diálogo para importar fórmulas.
A caixa de diálogo Inserir configúrase como a caixa de diálogo Abrir en Ficheiro. Use a caixa de diálogo Inserir para cargar, editar e mostrar unha fórmula gardada como ficheiro na xanela Ordes.
Pódense importar tamén ficheiros en MathML creados por outros aplicativos. A fonte de MathML debe ter un elemento math cun atributo xmlns co valor «http://www.w3.org/1998/Math/MathML». As linguaxes MathML e StarMath non son plenamente compatíbeis, polo que se debe revisar o resultado da importación. Para máis detalles sobre a linguaxe MathML vexa a a súa especificación.
Esta orde transforma o contido do portapapeis en MathML a StarMath e insíreo na posición actual do cursor.
Se a transformación fallar non se insire nada.
Esta orde manipula só contido MathML. Se copiou unha fórmula do LibreOffice ao portapapeis, insíraa empregando a orde Pegar en Editar,