Axuda do LibreOffice 24.8
Use esta caixa de diálogo para engadir símbolos a un conxunto de símbolos, editar conxuntos de símbolos ou modificar notacións de símbolos. Tamén pode definir novos conxuntos de símbolos, atribuír nomes aos símbolos ou modificar conxuntos de símbolos existentes.
Seleccione o nome do símbolo actual. O símbolo, o seu nome e o conxunto ao que pertence móstranse no panel de previsualización situado á esquerda, na parte inferior da caixa de diálogo.
Esta caixa de lista contén o nome do actual conxunto de símbolos. Se o desexa tamén pode seleccionar outro conxunto de símbolos.
Contén os nomes dos símbolos do conxunto actual . Seleccione un nome da lista ou teclee un novo para o símbolo recén engadido.
Para engadir un símbolo a un conxunto de símbolos, seleccione un tipo de letra na caixa Tipo de letra e prema nun dos símbolos do panel. Na caixa Símbolo, teclee un nome para o símbolo. No Conxunto de símbolos, seleccione un conxunto ou teclee un nome para crear un novo. O panel de previsualización situado á dereita mostra o símbolo que seleccionou. Prema en Aceptar.
Para modificar o nome dun símbolo, seleccióneo na caixa de lista Símbolo antigo, e teclee o novo nome na caixa Símbolo. Verifique se o carácter que desexa está na xanela de previsualización antes de premer no botón Modificar. Prema en Aceptar.
A caixa de lista Conxunto de símbolos contén os nomes de todos os conxuntos de símbolos existentes. Pódese modificar un conxunto de símbolos ou crear un novo.
Para crear un novo conxunto de símbolos, teclee un nome na caixa de lista Conxunto de símbolos e engada como mínimo un símbolo. Prema en Aceptar para pechar a caixa de diálogo. O novo conxunto de símbolos está agora dispoñíbel co novo nome.
Mostra o nome do tipo de letra actual e permite seleccionar outro tipo de letra.
Se seleccionou un tipo de letra sen símbolos na caixa de lista Tipo de letra, pode seleccionar un subconxunto Unicode para o símbolo novo ou editado. Despois de seleccionado, os símbolos dese subconxunto do actual conxunto de símbolos móstranse na lista anterior.
Visualízase a tipografía actual. Pode modificala se selecciona outra na caixa de lista.
Prema neste botón para engadir no conxunto de símbolos actual o símbolo mostrado na xanela de previsualización á dereita. Gardarase co nome que aparece na caixa de lista Símbolo. Especifique un nome en Símbolo ou Conxunto de símbolos para poder usar este botón. Os nomes non poden repetirse.
Prema neste botón para substituír o nome do símbolo mostrado na xanela de previsualización situada á esquerda (o nome antigo móstrase na caixa de lista Símbolo antigo) polo novo nome tecleado na caixa de lista Símbolo.
Por exemplo, para transferir o ALFA grande do conxunto "Grego" para o conxunto "Especial", seleccione o conxunto antigo (Grego) e despois o símbolo ALFA, usando as dúas caixas de lista principais. O símbolo móstrase na xanela de previsualización situada á esquerda. Na caixa de lista Conxunto de símbolos, seleccione o conxunto "Especial". Prema en Modificar e en Aceptar. O símbolo ALFA agora só aparece no conxunto de símbolos "Especial".
Prema para eliminar o símbolo mostrado na xanela de previsualización á esquerda do conxunto de símbolos actual. Non se lle pedirá confirmación. A eliminación do último símbolo dun conxunto tamén elimina o propio conxunto.
Tamén pode premer en Cancelar en calquera momento para pechar a caixa de diálogo sen gardar ningún cambio.