Tamaños de tipo de letra

Empregue este diálogo para indicar os tamaños de tipo de letra da fórmula. Seleccione un tamaño base e todos os elementos da fórmula redimensiónanse en relación a esta base.

Para acceder a esta orde...

Escolla Formato - Tamaño de tipo de letra


Caixa de diálogo Tamaño do tipo de letra

Tamaño de base

All elements of a formula are proportionally scaled to the base size. To change the base size, select or type in the desired point (pt) size. You can also use other units of measure or other metrics, which are then automatically converted to points.

Icona Suxestión

Para cambiar permanentemente o tamaño predeterminado (12 pt) empregado polo Math do LibreOffice, hai que definir primeiro o tamaño (por exemplo, 11 pt) e a seguir premer no botón Predeterminado.


Tamaños relativos

Use esta sección para determinar os tamaños relativos de cada tipo de elemento en relación ao tamaño de base.

Texto

Seleccione o tamaño do texto nunha fórmula en relación ao tamaño base.

Índices

Seleccione o tamaño relativo dos índices dunha fórmula proporcionalmente ao tamaño base.

Funcións

Seleccione o tamñao relativo dos nomes e outros elementos de funcións nunha fórmula proporcionalmente ao tamaño base.

Operadores

Seleccione o tamaño relativo dos operadores matemáticos dunha fórmula proporcionalmente ao tamaño base.

Límites

Seleccione o tamaño relativo dos límites dunha fórmula proporcionalmente ao tamaño base.

Predefinido

Prema neste botón para gardar os cambios como predeterminados para as fórmulas novas.Aparecerá unha resposta de seguranza antes de gardar calquera cambio.

Caixa de diálogo Gravar predeterminada

Precisamos da súa axuda!