Axuda do LibreOffice 24.8
Define os tipos de letra que pode aplicar aos elementos da fórmula.
Pode definir os tipos de letra para as variábeis, funcións, números e texto inserido que forman os elementos da fórmula.
As caixas de lista da caixa de diálogo Tipo de letra mostran Times New Roman como o tipo de letra predefinido para todos os elementos. Para usar outro tipo de letra, prema en Modificar e seleccione o tipo de elemento. Mostrarase outra caixa de diálogo onde pode seleccionar o tipo de letra e os atributos que desexe, despois prema en Aceptar. Para escoller as modificacións como tipos de letra predefinidos, prema en Predefinido.
Se desexa marcar segmentos de texto individuais cun tipo de letra diferente do usado no resto do texto, escolla a orde Tipo de letra na xanela Ordes.
Pode seleccionar os tipos de letra das variábeis da súa fórmula. Por exemplo, na fórmula x=SIN(y), x e y son variábeis e reflectirán o tipo de letra atribuído.
Seleccione os tipos de letra de nomes e propiedades das funcións. Por exemplo, as funcións da fórmula x=SIN(y) son =SIN( ).
Pode seleccionar os tipos de letra dos números da súa fórmula.
Defina aquí os tipos de letra do texto da fórmula.
Nesta área da caixa de diálogo Tipos de letra, pode defnir os tipos de letra cos que desexa formatar outros compoñentes de texto da fórmula. Están dispoñíbeis os tres tipos básicos: Serif, Sans e Fixed, sobre os que pode engadir calquera dos tipos de letra instalados no seu sistema. Só ten que premer no botón Modificar.
Úsanse os tipos de letra personalizados se define un tipo de letra diferente coa orde FONT na xanela Ordes.
Pode especificar o tipo de letra que desexa usar no formato con serifas. As serifas son pequenas "guías" visíbeis situadas, por exemplo, na parte inferior dun A maiúsculo cando se usa o tipo de letra Times serif. O seu uso é bastante útil, pois o ollo do lector segue unha liña recta, o que axiliza a leitura.
Pode especificar o tipo de letra que desexa usar para o formatado de tipo de letra sans.
Pode especificar un tipo de letra para o formatado de tipo de letra fixed.
Prema nunha das opcións no menú emerxente para acceder á caixa de diálogo Tipos de letra, onde se define o tipo de letra e os atributos da respectiva fórmula e dos tipos de letra personalizados.
Prema neste botón para gardar os cambios como predefinidos para todas as fórmulas novas. Tras confirmar os cambios, prema no botón Si.