Axuda do LibreOffice 24.8
Aquí encontrará información básica sobre índices e expoñentes en LibreOffice Math. Os exemplos expostos aquí permiten comprender con máis detalle a información sobre este particular. (As comiñas no texto son enfáticas e non son parte dos exemplos.)
O índice e o expoñente dun carácter móstranse un sobre o outro, xustificado á esquerda do carácter base. Por exemplo, teclee a_2^3 ou a^3_2. Pode facer esta operación en calquera orde. En vez de '_' e '^', pode usar 'sub' e 'sup'.
No entanto, non se poden usar máis os seguintes patróns:
a_2_3
a^2^3
a_2^3_4
Cada posición subíndice/superíndice dun carácter base só pode usarse unha vez. Use parénteses para indicar o resultado desexado. Os seguintes exemplos son ilustrativos
a_{2_3}
a^{2^3}
a_2^{3_4}
a_{2^3}^{4_5}
A diferencia doutros editores de fórmulas en que "_" e " ^ " fan referencia só ao carácter seguinte ("a_24" fai referencia só ao "2"), Math fai referencia ao número/nome/texto completo. Se desexa colocar os superíndices e subíndices secuencialmente, a expresión pode escribirse da seguinte maneira: a_2{}^3 ou a^3{}_2
Math fornece varias opcións para escribir tensores. Alén da notación "R_i{}^{jk}{}_l", común a outros aplicativos, poden usarse outras, como "R_i{}^jk{}_l" e "{{R_i}^jk}_l".
Os superíndices e subíndices á esquerda do carácter base tamén poden xustificarse á dereita, usando as ordes "lsub" e "lsup", que teñen o mesmo efecto que "sub" e "sup", mais ficando estes á esquerda do carácter base. Vexa tamén "a lsub 2 lsup 3".
As regras sobre a exactitude e a necesidade do uso de parénteses son as mesmas. En principio, isto pode conseguirse con {}_2^3 a.
As ordes "sub" e "sup" tamén están dispoñíbeis como "rsub" e "rsup".
Usando as ordes "csub" e "csup", pode escribir superíndices e subíndices directamente enriba ou embaixo dun carácter. Un exemplo é "a csub y csup x". Tamén son posíbeis combinacións de índices e expoñentes: "abc_1^2 lsub 3 lsup 4 csub 55555 csup 66666."
A maioría dos operadores unarios e binarios permiten a inclusión de superíndices e subíndices. Dous exemplos: "a div_2 b a<csub n b +_2 h" e "a toward csub f b x toward csup f y".
Asegúrese de inserir todos os espazos entre os caracteres ao teclear os exemplos na xanela Ordes.