Axuda do LibreOffice 25.8
Asigne diferentes operadores de conxunto aos caracteres da fórmula do Math do LibreOffice. Os operadores individuais aparecen na sección inferior do panel Elementos. Chame polo menú de contexto na xanela Ordes para ver unha lista idéntica das funcións individuais. Calquera operador que non apareza no panel Elementos ten que ser introducido directamente na xanela Ordes. Tamén é posíbel inserir directamente outras partes da fórmula mesmo se os seus símbolos xa existisen.
Despois de seleccionar o elemento Operacións de conxuntos do panel Elementos aparecen as iconas relevantes na parte inferior deste panel. Simplemente prema nun símbolo para incorporar o operador na fórmula que se estea a editar na xanela Ordes.
está incluído en
Use a icona para inserir o operador de conxunto está incluído en con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?> in <?> directamente na xanela Ordes.
non está incluído en
Use esta icona para inserir o operador de conxunto non está incluído en con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?> notin <?> na xanela Ordes.
inclúe
Use esta icona para inserir o operador de conxunto inclúecon dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?> owns <?> ou <?> ni <?> directamente na xanela Ordes.
conxunto baleiro
Use esta icona para inserir un conxunto baleiro. Teclee emptyset na xanela Ordes para inserir un conxunto baleiro no seu documento.
Intersección
Use esta icona para inserir dous marcadores de posición co operador de conxunto intersección de conxuntos. Acontece o mesmo ao teclear <?> intersection <?> na xanela Ordes.
Unión
Use esta icona para inserir o operador de conxunto unión con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?> union <?> directamente na xanela Ordes.
Diferenza
Use esta icona para inserir o operador de conxunto diferenza. Tamén pode teclear <?> setminus <?> ou <?> bslash <?> na xanela Ordes.
Conxunto de cocientes
Con esta icona insírese unha barra para crear un conxunto de cocientes con dous marcadores de posición. Teclee <?>slash<?> na xanela Ordes para obter o mesmo resultado.
aleph
Use esta icona para inserir un número cardinal. Pode obter o mesmo resultado tecleando aleph na xanela Ordes.
Subconxunto
Use esta icona para inserir o operador de conxunto é un subconxunto de. Tamén pode teclear <?>subset<?> directamente na xanela Ordes.
Subconxunto ou igual a
Use esta icona para inserir o operador de conxunto é un subconxunto de ou igual a con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?>subseteq<?> na xanela Ordes.
Superconxunto
Use esta icona para inserir o operador de conxunto é un superconxunto de e dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?>supset<?> na xanela Ordes.
Superconxunto ou igual a
Use esta icona para inserir o operador de conxunto é un superconxunto de ou igual a con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?>supseteq<?> na xanela Ordes.
non é subconxunto
Use esta icona para inserir o operador de conxunto non é subconxunto con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?>nsubset<?>.
Non é nin subconxunto nin igual
Use esta icona para inserir o operador de conxunto non é subconxunto nin igual con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?>nsubseteq<?> na xanela Ordes.
non é conxunto superior
Use esta icona para inserir o operador de conxunto non é conxunto superior con dous marcadores de posición. Tamén pode introducir <?>nsupset<?> na xanela Ordes.
non é nin conxunto superior nin igual
Use esta icona para inserir o operador de conxunto non é nin conxunto superior nin igual con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear <?>nsupseteq<?> na xanela Ordes.
Conxunto de números naturais
Use esta icona para inserir un carácter para o conxunto de números naturais. Tamén pode teclear setn na xanela Ordes.
Conxunto de números enteiros
Use esta icona para inserir un carácter para o conxunto de números enteiros. Tamén pode teclear setz na xanela Ordes.
Conxunto de números racionais
Use esta icona para inserir un carácter para o conxunto de números racionais. Tamén pode teclear setq directamente na xanela Ordes.
Conxunto de números reais
Use esta icona para inserir un carácter para o conxunto de números reais. Tamén pode teclear setr na xanela Ordes.
Conxunto de números complexos
Use esta icona para inserir un carácter para o conxunto de números complexos. Tamén pode teclear setc na xanela Ordes.
Lembre deixar espazos (intervalos) entre os valores e os ordes cando os insira manualmente na xanela Ordes, para ter a certeza de obter a estrutura correcta.