Formato

Pode escoller entre distintas opcións para formatar unha fórmula do Math do LibreOffice. As opcións de formato móstranse na parte inferior do panel Elementos. Estas opcións tamén se listan no menú de contexto da xanela Ordes.

Para acceder a esta orde...

Abra o menú de contexto na xanela Ordes - escolla Formatos

Escolla Ver - Elementos; e no panel Elementos seleccione Formatos da lista.


A que segue é unha lista de todas as opcións de formato dispoñíbeis no Math do LibreOffice. Unha icona a carón da opción de formato indica que é posíbel acceder a el desde a xanela Elementos (escolla Ver - Elementos) ou desde o menú de contexto da xanela Ordes.

Icona Nota

A letra "a" fai referencia ao marcador de posición que se asignará ao respectivo formatado. Pode substituíla por calquera outro carácter.


Opcións de formatado

Icona Superíndice á esquerda

Superíndice á esquerda

Insire un superíndice á esquerda do marcador de posición. Tamén pode teclear <?>lsup{<?>} na xanela Ordes.

Icona Superíndice arriba

Superíndice enriba

Insire un superíndice directamente enriba do marcador de posición. Tamén pode teclear <?>csup<?> directamente na xanela Ordes.

Icona Superíndice á dereita

Superíndice á dereita

Insire un superíndice á dereita do marcador de posición. Tamén pode teclear <?>^{<?>} directamente na xanela Ordes ou usar rsup ou sup.

Vertical stack (2 elements) Icon

Amontoamento vertical (2 elementos)

Insire un amontoamento vertical (binomial) con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear binom<?><?> directamente na xanela Ordes.

Icona Nova liña

Nova liña

Insire unha liña nova no documento. Tamén pode teclear newline directamente na xanela Ordes.

Icona Superíndice á esquerda

Subíndice á esquerda

Insire un subíndice á esquerda do marcador de posición. Tamén pode teclear <?>lsub{<?>} na xanela Ordes.

Icona Superíndice abaixo

Subíndice embaixo

Insire un subíndice directamente embaixo do marcador de posición. Tamén pode teclear <?>csub<?> directamente na xanela Ordes.

Icona Superíndice á dereita

Subíndice á dereita

Insire un subíndice á dereita do marcador de posición. Tamén pode teclear <?>_{<?>} na xanela Ordes e o trazo de subíndice pode substituírse por rsub ou sub.

Vertical stack (3 elements) Icon

Amontoamento vertical (3 elementos)

Insire un amontoamento vertical con tres marcadores de posición. Tamén pode teclear stack {<?>#<?>#<?>} na xanela Ordes.

Small gap Icon

Intervalo pequeno

Insire un intervalo pequeno entre o marcador de posición e o seguinte elemento. Tamén pode teclear ` directamente na xanela Ordes. A orde debe aparecer á esquerda ou á dereita dun símbolo, variábel, número ou orde completa.

Icona Aliñar á esquerda

Aliñar á esquerda

Esta icona aliña "a" á esquerda e insire un marcador de posición. Pode teclear alignl<?> directamente na xanela Ordes.

Icona Central na horizontal

Aliñar ao centro horizontal

Aliña "a" ao centro horizontal e insire un marcador de posición. Tamén pode teclear alignc<?> directamente na xanela Ordes.

Icona Aliñar á dereita

Aliñar á dereita

Insire a orde para aliñar á dereita e un marcador de posición. Tamén pode teclear alignr<?> na xanela Ordes.

Matrix stack Icon

Amontoamento matriz

Esta icona insire unha matriz con catro marcadores de posición. Tamén pode teclear matrix{<?>#<?>##<?>#<?>#} directamente na xanela Ordes. A posición dos elementos neste diagrama indícase mediante dúas coordenadas; a primeira especifica o número de liña e a segunda o número de columna. Pode expandir a matriz en calquera dirección na xanela Ordes engadindo caracteres.

Gap Icon

Intervalo

Esta icona insire un intervalo ou espazo entre marcadores de posición. Tamén pode teclear ~ directamente na xanela Ordes. A orde debe aparecer á esquerda ou á dereita dun símbolo, variábel, número ou orde completa.

Para aliñar, as ordes alignl, alignc e alignr resultan especialmente útiles, se está

Se usa as instrucións de aliñamento, teña en conta que

Para aliñar empregando a orde «matriz»

matrix{

alignr sin^2 x + cos^2 x#{}={}#alignl 1 ##

alignr cos^2 x #{}={} #alignl 1 - sin^2 x

}

Aliñar á esquerda

Se unha liña ou expresión comeza con text, a opción predefinida é aliñala á esquerda. Pode evitar isto, use calquera das ordes align. Por exemplo, stack{a+b-c*d#alignr "text"}, onde "text" aparece aliñado á dereita. Lembre que text debe situarse sempre entre comiñas.

As fórmulas centradas estándar poden aliñarse á esquerda sen usar o menú Formato - Aliñar. Para facelo, coloque unha cadea de caracteres baleira, é dicir, as comiñas que abren e pechan calquera texto "", antes da sección de fórmula que desexa aliñar. Por exemplo, ao teclear "" a+b newline "" c+d as dúas ecuacións alíñanse á esquerda, en vez de apareceren centradas.

Icona Aviso

Se teclea información na xanela Ordes, teña en conta que nalgúns formatos é necesario incluír espazos para xerar a estrutura correcta. Isto sucede, sobre todo, ao inserir valores (por exemplo, a lsup{3}) en vez de marcadores de posición.


Para obter máis información sobre formatos no Math do LibreOffice, prema Parénteses e agrupamento.

A información sobre Índices e expoñentes e Escala axuda a organizar o documento da mellor maneira posíbel.

Precisamos da súa axuda!